Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2024 | Actualizada ás 11:28
A Xunta activou o Plan especial ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) para seguir o caudal dos ríos Mera e Mandeo, ao seu paso polos municipios coruñeses de Betanzos, Ortigueira e Paderne.
Así, debido ás previsións de choivas para esta xornada, a administración autonómica pide extremar as precaucións nas marxes destes ríos. Entre outras recomendacións para evitar riscos, aconsella abandonar calquera actividade que se realice nos cursos fluviais, evitar atravesar pontes ou torrentes, retirar os vehículos da marxe dos ríos e, en caso de inundación nunha vivenda, acceder á parte máis alta para protexerse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.