Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2024 | Actualizada ás 12:50
Adif informou da interrupción da circulación ferroviaria entre Ponche Mera e Cerdido, na vía de Ancho Métrico, por árbores caídas na vía. Segundo informou, estableceron un plan alternativo de transporte por estrada no traxecto afectado para trens da relación Ferrol - Cudillero.
Por mor dos fortes ventos e precipitacións, nesta xornada de domingo, o interior de Pontevedra, o noroeste da Coruña, a montaña de Ourense e a de Lugo estarán en alerta amarela por refachos de vento superiores aos 80 kilométros por hora.
Así, unha nova fronte afecta a Galicia e deixa ceos con abundantes nubes e choivas, intermitentes ao principio, pero que serán persistentes e xeneralizadas durante as primeiras horas da tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.