Novos actores no sector lácteo

No proceso de mobilizacións desenvolvido en Galicia este verán salientou unha nova organización , a Plataforma na defensa do sector galego, que soubo achegar a moitos dos alcaldes dos concellos máis concernidos, ao comercio , aos produtores e cooperativas, ás Asociacións de consumidores…

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 06/09/2015

Comparte esta noticia
O sector mobilizouse independentemente dos sindicatos agrarios, fortemente cuestionados na súa representatividade. Non por acaso Xóvenes Agricultores caeu por mór da súa liquidación controlada polo PP  e os produtores rexeitaron maioritariamente a aposta de Unións Agrarias por controlar as mobilizacións. Emerxen, pois, novas formas de representatividade e achegamento á sociedade, conscientes de que só acadando a complicidade social poderá chegar a súa mensaxe.
 
Das resultas deste novo proceso , os produtores puxeron na axenda galega e estatal unha problemática que ameaza a supervivencia dun sector que perde unha explotación gandeira galega por día desque no 1 de abril  se liberalizou a produción pola UE. Así e todo, a nova Plataforma, protagonista das mobilizacións convocadas a semana que entra en Compostela, haberá superar tamén tensións como as amosadas en Lugo, onde a Xunta xogou  desmobilizar con promesas inconcretas.
 
O sector lácteo, como outros moitos fulcrais para a economía galega, precisa de canles axeitadas para facerse ouvir, non só a respecto dos Gobernos, senón dos consumidores, que son antes ca nada cidadáns. O tempo dirá se estas novas formas e estruturas saberán dar a resposta que non souberon ou non quixeron dar algúns dos vellos actores do sector lácteo.
 
A arrincadeira: menos seguridade xurídica, menos liberdade
 
No balbordo destes días aprobouse inadvertida a reforma da Lei de Axuizamento Criminal, que fixou o máximo da detención incomunicada ordinaria en cinco días, no canto dos tres até agora lexislados. Un despropósito que limita substancialmente as garantías e que  acrecenta as restricións das liberdades das últimas reformas lexislativas do PP. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.