Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/02/2024 | Actualizada ás 15:55
A exposición itinerante integrada por unha selección das máis de 300 pezas que forman a colección de arte do Parlamento de Galicia recalará en Pontevedra, no café Moderno Afundación, do 29 de febreiro ao 25 de maio. A exposición, titulada 'A Nosa Arte', chega á cidade do Lérez tras estar aberta ao público, durante os últimos meses, en Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo.
O Parlamento de Galicia conta coa colaboración da Xunta e de Afundación para realizar este proxecto expositivo, no que tamén participa a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. A exposición ten como obxectivos dar a coñecer a colección de arte da Cámara galega e achegar o poder lexislativo de Galicia á cidadanía. A inauguración será este xoves ás 19.00 horas no café Moderno Afundación, en Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.