Billetes de tren entre Madrid e Galicia por 25 euros como compensación polo novo atraso do AVE

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou o lanzamento dunha oferta para viaxar en tren a Galicia a 25 euros entre o 1 de abril e o 6 de maio de 2024, incluíndo os desprazamentos tanto de Semana Santa como da ponte de maio.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/03/2024 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou o lanzamento dunha oferta para viaxar en tren a Galicia a 25 euros entre o 1 de abril e o 6 de maio de 2024, incluíndo os desprazamentos tanto de Semana Santa como da ponte de maio. En concreto, Renfe porá á venda os billetes de alta velocidade con desconto para viaxar entre a Comunidade e Madrid a partir do 11 de marzo, tras coñecerse a semana pasada un novo atraso dos convois Avril, que permitirían o desembarco da alta velocidade ao resto de Galicia, xa que na actualidade só chega a Ourense.

Foi o secretario de Estado José Antonio Santano o que llo trasladou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha chamada telefónica, segundo indica o Ministerio nun comunicado. El explicou que se trata dunha "gran oferta" que contempla a venda de 2.000 prazas por semana dos servizos Alvia e AVE. Os billetes terán que adquirirse cunha antelación mínima de 10 días antes da data da viaxe.

A esta oferta xeral sumaranse outras concretas de abril a setembro, coincidindo con eventos culturais ou deportivos cos que Renfe ten acordo comercial e/ou publicitario, segundo dixo o Ministerio. Este anuncio chega unha semana despois de coñecerse un novo atraso na posta en marcha dos trens Avril, que aínda non teñen data de entrega, o que pospón a chegada da alta velocidade ao resto de Galicia.

Estas máquinas, de rodaxe desplazable, adaptaranse ás vías galegas para poder circular por todas elas e así permitir a chegada do AVE a Vigo, Santiago ou A Coruña. Tras saberse que non estarían dispoñibles en marzo, o Ministerio indicou que lanzaría unha oferta comercial no corredor Galicia-Madrid, que agora se coñece.

Trens na estación de Porta de Atocha-Almudena Grandes
Trens na estación de Porta de Atocha-Almudena Grandes | Fonte: Jesús Hellín - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta