Por E.P. | OURENSE | 08/03/2024 | Actualizada ás 17:38
A Escola de Gaitas da Deputación de Ourense presenta este domingo en Barcelona a exposición 'Cornamusas primitivas: Historia da Civilización', composta por instrumentos procedentes da Península Ibérica, Francia, Italia, Suecia, Xeorxia, Romanía, Croacia, Tunes, Irán, República de Mari-O (Rusia), Illas Gregas, India, Turquía, Malta e Ucraína.
Con motivo desta exposición, que se poderá ver no local social da Escola de Gaitas Toxos e Xestas da cidade condal, o director da Escola de Gaitas, Xosé Lois Foxo, desprazarase ata Barcelona para impartir a conferencia inaugural. Segundo destacou a institución provincial, este proxecto abarca a dobre vertente do Museo Internacional de Cornamusas: presencial e en liña, "ofrecendo unha visión ampla do mesmo e converténdoo nun centro de referencia no mundo da gaita a nivel internacional".
A exposición "ofrece unha variedade fascinante" de formas de gaita, desde a escultura en roca en Taq-i-Bostan (Kermanshah, s. V d.C.) en Persia (actual Irán) ata a xirolarrua (País Vasco), inspirada nas portadas de catedrais peninsulares (s. XIII), dispersas por Europa, Asia e o Norte de África.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.