Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 10/03/2024 | Actualizada ás 12:18
Dende o venres pola tarde perdeuse o sinal dun petroleiro de bandeira de Palaos fronte ás costas galegas, á altura de Costa da Morte, segundo fontes consultadas polo Galicia Confidencial. Trátase de Neón, un tanque de petróleo crudo que foi construído no ano 1999 (fai 25 anos). Polo momento non se trata dun suceso preocupante, a falta de ter máis información, xa que Neón perdera a cobertura en varias ocasións durante a súa viaxe, iniciada fai dez días, aínda que nunca estivo fóra de localización durante tanto tempo.
O petroleiro saíra o pasado 28 de febreiro de Primorsk, en Rusia, e dirixíase cara o Porto de Said, en Exipto. Levaba 10 días de viaxe antes de perderse o seu último sinal, e quedábanlle outros 8 para chegar a destino. A súa velocidade promedio é de 9,9 nudos. A súa última posición, segundo se ve no radar de tráfico marítimo, ubícao no mar Céltico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.