Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2024 | Actualizada ás 20:01
Galicia conta na actualidade con case 2.000 persoas que acoden a diáleses por problemas renais e 2.142 cun transplante funcional, segun os datos facilitados por Alcer Galicia.
Este xoves 14 de marzo ten lugar o Día Mundial do Ril e Alcer Galicia chama aos concellos e deputacións a realizar apagamentos nas súas sedes para reclamar compromisos da Consellería de Sanidade para mellorar a atención a estes pacientes.
Entre as demandas do colectivo está a configuración dun sistema de traslado e tratamento de hemodiáleses que sexan "equitativos e con garantías de calidade en toda Galicia", así como unha aposta por medidas para levar a cabo unha prevención "a curto prazo real".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.