Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2024 | Actualizada ás 20:06
O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou este martes de modo telemático na sesión de apertura do XXVII Congreso Nacional de Informática da Saúde 'Infors@lud 2024', na que reivindicou os avances incorporados nos últimos anos no Servizo Galego de Saúde. Trátase dun evento que organiza a Sociedade Española de Informática da Saúde, durante o cal destacou a recente publicación do plan de transformación e saúde dixital 2023-2026 do Sergas, que contará cun investimento de 200 millóns de euros.
Ademais, o conselleiro de Sanidade en funcións mencionou o sistema 'Ianus 5' de receita electrónica, a creación do consello asesor téncico en intelixencia artificial, a aposta pola compra pública innovadora e o plan de ciberseguridade tamén con horizonte 2026.
Xunto a todo iso, García Comesaña valorou os "moitos proxectos de transformación" que impulsa o Sergas, entre eles a iniciativa 'Xenoma Galicia', co que o Sergas recompilará o ADN de 400.000 galegos para poder definir o perfil xenético da poboación da Comunidade e empregar esta información para previr enfermidades, entre outras aplicacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.