Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 13:47
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, apelou a promover chan industrial en Galicia con "sentidiño". "Aquel que se necesite e priorizando aqueles lugares onde é necesario seguir crecendo", dixo na visita ás obras de urbanización dunha nova fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo, a terceira, que estarán terminadas en decembro de 2024.
"Imos acabar este ano, en decembro, esta fase", informou, tras indicar que "xa hai dúas fases executadas" e a cuarta "está en proxecto". As obras de urbanización desta parcela do polígono, onde Estrela Galicia levantou a súa nova fábrica, contan cun orzamento de 4.180.000 euros e un prazo de execución de 14 meses.
Así o manifestou, durante a súa visita ás mesmas acompañado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez. "Arteixo é unha referencia industrial", incidiu.
Rueda explicou que a intención do Goberno galego é "adaptarse á realidade" e "ao ritmo de crecemento" das empresas, así como dar "facilidades con prezo -- con bonificacións -- e con axilidade" ás mesmas. "É un magnífico síntoma que haxa que facer chan industrial porque o emprego industrial é fundamental", destacou.
OBXECTIVOS DA LEXISLATURA
A este respecto, avanzou que o obxectivo da Xunta é "acabar esta lexislatura tendo oito millóns de metros cadrados no ano 2028", cando se celebrarán as próximas eleccións autonómicas. Para iso, "neste catro anos teremos presupostos cada ano", asegurou para recalcar que é "fundamental" para "poder seguir facendo cousas".
Pola súa banda, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, na súa intervención, destacou a importancia do polígono de Morás de face á "mellora da calidade de vida" dos veciños por, citou entre outros exemplos, a creación de emprego ou a dotación de novas infraestruturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.