Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/03/2024 | Actualizada ás 18:29
Persoal veterinario da Consellería do Medior Rural procedeu a marcar este luns a 40 vacas dunha explotación de Manzaneda para o seu sacrificio por tuberculose bovina, segundo informa o Sindicato Labrego Galego (SLG). Esta acción foi paralizada a pasada semana pola protesta duns 200 gandeiros na aldea de Palleirós, en Manzaneda, convocados polo SLG, que denuncia a "absoluta indefensión" desta granxa e require que se volva a facer probas aos animais que deron negativo.
Segundo denuncia o Sindicato Labrego, despois de que algúns exemplares desen positivo en tuberculose na explotación, a Consellería de Medio Rural prevé sacrificar a outras 40 vacas que "ata o momento sempre deron negativo nos controis de tuberculoses". Expón que este baleirado sanitario suporá perdas de 30.000 euros para a explotación e tardará máis de dous anos en empezar a producir.
O Sindicato Labrego critica que o conselleiro do Medio Rural, José González, "segue desaparecido" e urxe unha reunión con este departamento. Insta a unha revisión da catalogación da prevalencia cero de tuberculose bovina en Galicia.
Respecto diso, a Consellería de Medio Rural traslada a Europa Press que "o sacrificio obrigatorio" dos animais da explotación afectada determínase "tras a confirmación laboratorial da existencia de tuberculose bovina nela, co que se busca atallar o foco da enfermidade para así poder dar unha viabilidade futura á explotación afectada e protexer ás restantes explotacións libres de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.