Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 14:29
A asociación Érguete recibirá a Cruz Branca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre Drogas que cada ano entrega o Ministerio de Sanidade. A coordinadora da asociación, Elvira Rivas, destacou que este recoñecemento é "un premio a todas aquelas nais que soñaron o que son hoxe" e tamén "un impulso máis ao proxecto".
Nun comunicado, lembran a importancia para a sociedade dos programas de prevención e intervención da asociación, tanto en saúde pública como no impulso de novas oportunidades. "A loita contra as adiccións ten que ser un compromiso común para todos", remarcaron. Para iso, apuntan, o primeiro paso é "non criminalizar" ás persoas que consomen. "Temos que saber que teñen un problema do que non se pode saír só. Ninguén podería", argumentan.
"A única maneira de solucionar esta problemática é remar xuntos para seguir conseguindo recursos para axudar a estas persoas e deter aos culpables, os grandes traficantes", denuncian. O Ministerio de Sanidade tamén premiará á Asociación Ferrolá de Drogodependencias-Asfedro, a Ana María Vicente Macías, a Alejandro Martín Blas, a Patricia Angulo Llanos, ao Grupo de Control Aduaneiro e Seguridade nas Terminais Portuarias da Aduana Marítima de Valencia, a Ana Ruíz Bremón, a Ana Sánchez Sánchez, a Francesc José Verdú Asensi e a Alfonso Ramírez de Arellano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.