Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2024 | Actualizada ás 16:58
A Asociación Cultural Rebulir foi o grupo seleccionado para representar a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient 2024, polo que a provincia de Ourense "volverá estar presente neste festival case 40 anos despois".
Así o trasladou a entidade nunha nota de prensa na que detallou que a delegación ourensá estará representada por 45 artistas, entre os que se inclúen músicos, pandereteiras e pandereteiros, bailadores e unha representación do entroido.
O grupo poderá actuar cada noite ante 15.000 persoas no Estadio de Montoire e participar no gran desfile das nacións celtas con preto de 100.000 espectadores e retransmitido na Televisión nacional de Francia. Rebulir, con sede en Ramirás, conta cunha escola de máis de 100 persoas e recibiu os premios Xabier Prado Lameiro no ano 2018 e o Premio Rodolfo Prada no ano 2019.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.