Santalices ratifica que proporá a Rueda como candidato á Presidencia da Xunta e comunicarallo este mércores

Rueda atópase este martes en Madrid, onde se desprazou para participar na Xunta Directiva do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 02/04/2024 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

Unha vez concluída a rolda de contactos cos representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria, o xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, ratificou que proporá a Alfonso Rueda como candidato á Presidencia da XuntaA comunicación de propor ao que foi candidato do PPdeG na cita coas urnas do pasado 18 de febreiro, nas que logrou consolidar a maioría absoluta da súa formación con 40 escanos, producirase nunha reunión que Santalices e Rueda manterán este mércores na sede da Cámara galega.

Aínda que en ocasións anteriores a comunicación producíase de forma inmediata tras as consultas na mesma xornada, este martes Rueda atópase en Madrid, na Xunta Directiva que o PP, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, celebrou a sede de Xénova. Coa rolda de contactos celebrada este martes dáse cumprimento ao momento establecido no artigo 136.1 do regulamento do Parlamento de Galicia e empeza o procedemento para a investidura de Rueda como presidente da Xunta.

POSTURAS DOS GRUPOS

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, constatou que Rueda terá o respaldo da maioría absoluta popular a semana próxima, mentres que Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) anticiparon que os seus respectivos grupos, de 25 e nove deputados, votarán en contra. Pola súa banda, o deputado de Democracia Ourensana (DO) Armando Ojea declinou desvelar o seu voto ata a investidura. "Imos manter un pouco a tensión", dixo.

TOMA DE POSESIÓN

Unha vez constatado que Rueda conta co apoio maioritario da Cámara (40 deputados do Grupo Parlamentario Popular), o presidente do Parlamento convocará a mesa e a Xunta de Portavoces para trasladar o resultado da rolda de consultas e convocar o debate de investidura que se celebrará os días 9 e 11 de abril. O sábado 13 tomará posesión do seu cargo como presidente e, a continuación, de acordo cos antecedentes, nomeará ao seu novo Goberno.

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, chega á sesión de constitución do Parlamento de Galicia, a 18 de marzo de 2024, en Santiago de Compostela
O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, chega á sesión de constitución do Parlamento de Galicia, a 18 de marzo de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta