Un condutor denunciado e varios identificados na disolución dunha festa ilegal en Santiago

Foi disolta na mañá deste sábado na Rocha Vella.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2024 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Un condutor foi denunciado tras dar positivo en drogas e varias persoas foron identificadas en relación cunha festa ilegal que foi disolta na mañá deste sábado na Rocha Vella, en Santiago de Compostela.

Segundo informan a Europa Press fontes da Policía Nacional e da Local, ocorreu sobre as 9.30 e as 10.00 horas. Axentes de ambos os corpos acudiron ao lugar despois de recibir o aviso por parte duns veciños.

A pesar de que a nave onde se celebraba esta festa --estímase que había unhas 50 persoas-- celebrábase nunha "nave nun lugar apartado", o evento non contaba cos pertinentes permisos, tal e como confirman fontes do Concello.

A festa comezara de madrugada e alongouse ata a mañá. Antes da chegada dos policías, xa se disolveu "de forma voluntaria" pero aínda quedaban algúns participantes, aclaran as mesmas fontes.

De tal forma, a Policía Nacional confirma a identificación de "algunhas persoas supostamente organizadoras" do evento. Ademais, a Policía Local levantou unha denuncia contra un condutor que deu positivo no test de drogas. Na contorna da nave había tamén varios taxis que foran solicitados polos participantes na festa.

Coche Policia Nacional
Coche Policia Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta