A Xunta presentará antes do verán a guía para a integración de terrazas na contorna e espazos públicos

Co obxectivo de poder presentala oficialmente antes do próximo verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2024 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A Xunta intensifica os seus contactos con empresas e profesionais do sector da hostalaría en relación á futura guía para a integración de terrazas na contorna e no espazo públicos, co obxectivo de poder presentala oficialmente antes do próximo verán.

Para iso, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, reuniuse co xerente de operacións da rexión Noroeste de Coca-Cola, Isidro Dourado, e coa xefa de comunicación da compañía desa área, María Sande.

Segundo informou a Xunta, a finalidade era coñecer as súas impresións e posibles achegas sobre a futura publicación que ten como obxectivo avanzar cara a unha certa homoxeneidade na instalación destes elementos e mellorar a súa integración no entrono no que se localizan.

Neste sentido, Vázquez remarcou a importancia tanto de alcanzar unha harmonía no deseño dos diferentes elementos que adoita integrar unha terraza como de ter en conta a ocupación que se fai do espazo.

Neste sentido, o manual ofrecerá consellos para reducir obstáculos e minimizar posibles afeccións á circulación de peóns, persoas con discapacidade visual ou con mobilidade reducida, así como para liberar os accesos a portais e locais comerciais próximos.

Varias persoas nunha terraza de Vigo
Varias persoas nunha terraza de Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta