Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/04/2024 | Actualizada ás 21:00
Como ben din "hai un galego na lúa" e en Hollywood tamén. Coñecido por películas como Apocalypse Now ou a serie El ala oeste de la casa blanca 'The West Wing', Martin Sheen, declárarse "orgulloso de ser galego" cada vez que ten oportunidade. Galego con ese apelido? Pois si porque artísticamente escolleu o apelido materno, aínda que no seu certificado de nacemento, matrimonio, pasaporte ou carné de conducir figura como Ramón Antonio Gerardo Estévez Phelan. Naceu en Dayton (Ohio) o 3 de agosto de 1940, o sétimo de dez irmáns, fillo de Francisco Estévez e Ann Phelan. Precisamente, o seu pai Francisco era galego, de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas. Con 20 anos emigrou e cruzou o Atlántico na procura de oportunidades. Foi en 1916 cando chegou a Cuba falando só galego, para posteriomente chegou a Ohio onde traballou nunha empresa de caixas rexistradoras.
Non sabe español nin galego, pero pronuncia máis que ben o nome da parroquia das súas raíces 'Parderrubias'. Nunca Martin renegou das súas orixes galegas, pola contra, ata as levou ao cine coa película The Way, que retrata a viaxe dun peregrino polo Camiño de Santiago, escrita e dirixida polo seu fillo, o tamén actor Emilio Estévez. Sheen interpreta a un pai que busca o cadáver do seu fillo, que falecera cando facía o Camiño. Estreouse chegou no 2010 a España e grazas a iso tivo a sorte de pisar aqueles lugares por onde xa pisara o seu pai.
Martin Sheen e Emilio Estévez posan cun cartaz do seu filme The Way | Fonte: EFEVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Martin Sheen xa viñera por Galicia por primeira vez aló polo 1969, cos seus fillos Emilio e Ramón, para visitar a casa do pai en Parderrubias, onde durmiron "na mesma cama" na que nacera o seu proxenitor en 1898. De feito, todos os seus fillos teñen nome español, Emilio, Ramón, Renée e Carlos, este último escolleu o nome artístico de Charlie Sheen, coñecido por Platoon, Wall Street ou Dos hombres y medio.
O SEU FILLO EMILIO, UN GALEGO MÁIS
O legado galego de Martin Sheen foi transmitido aos seus fillos. Así, Ramón tomou a decisión de estudar en Madrid, o cal lle permitiu conectar co país do seu avó. Pero sen dúbida, o que máis relación ten coa terra é Emilio Estévez, actor coñecido por películas como El Club de los Cinco. Ao revés do seu pai, el mantivo o apelido do seu avó e, decatouse de que vivía como un galego máis, logo de gravar e escribir The Way. Defínese como "o máis galego da familia" e, pese apenas coñecer ao seu avó Francisco, que faleceu cando era un neno, sempre se sentiu moi ligado a el. Coa película sobre o Camiño, xunto ao seu pai, quixo rendirlle unha homenaxe ao seu avó. No día a día, Emilio ten unha marca de viños, unha horta na que cultivou tomates e ata pementos de Padrón, se as informacións son certas. Non queda aquí a cousa, xa que precisamente como peregrino e no Camiño, o seu fillo Taylor namorou e casou cunha española.
Para concluír con este repaso da relación de Martin Sheen con Galicia, destacamos as súas visitas á Catedral de Compostela, onde presumiu de ter don de xentes, posou do máis contento coa familia e convidou a todo o mundo a visitar Galicia. Outro posado destacado é o que ten xunto ao seu fillo Emilio coas camisetas do Real Club Celta de Vigo, do que se fixera socio na tempada 2009-2010. Tamén recibiu "de presidente a presidente", en alusión ao seu papel en El ala oeste de la Casa Blanca, unha réplica en prata do botafumeiro polo presidente naquel momento da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Martin Sheen | Fonte: EFE¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Pontevedra terá un dos primeiros 'bosques laboratorio' para rexenerar as coníferas
- Ourense tivo a temperatura máis alta do Estado en marzo, 30,3º
- Ourense rexistra 32º de temperatura, a máis alta de Galicia este mércores
- A Garda Civil de Poio asumirá o seguimento ás vítimas de violencia de xénero pola falta de policías locais
- Derrube no Hospital de Ourense despois de rebentar unha tubaxe que fixo caer un falso teito
- Desarticulado un punto de venda de droga na Coruña