Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 18:28
A revitalización do uso medicinal das samesugas na Francia do século XIX converteu á lagoa de Antela, situada na ourensá comarca da Limia, nun dos lugares máis importantes para a súa recolección e importanción a territorio galo.
Un artigo do profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC Damián Copena e da docente da Universidade de Cádiz María Gómez Martín que acaba de ser publicado na revista 'Medical History' profunda nesta cuestión sobre a lagoa desecada que abarca os concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
A importancia da lagoa foi tal que os franceses instalaron unha factoría para a súa provisión e exportación a Francia, unha actividade que, segundo recolle o traballo, deixou "para os franceses tanto lucro como puidera ser o dos atúns nas almadrabas de Conil".
As teorías do médico François Joseph Victor Broussais a comezos do século XIX impulsaron a recuperación do uso medicinal das samesugas, que chegou ao seu apoxeo en 1832, cando Francia importou máis de 57 millóns de exemplares para cubrir unha demanda de ata 100 millóns destes anélidos.
O traballo dos investigadores revela que esta relación comercial provocou a sobreexplotación desta especie, un "gran incremento" do prezo e a aparición de varias respostas normativas para tratar de manter as poboacións autóctonas a través de vedas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.