Un erro histórico

As eleccións catalás evidenciaron que a chave das vindeiras xerais ha ser a territorial. Junts per el Si presentarase e acadará un mínimo de 20 deputados. O PNV, EH-Bildu e Compromis acadarán cadanseu grupo parlamentario. Geroa Bai manterá a súa representación, canda a Presidencia do Goberno foral navarro. Os nacionalistas canarios e das Illes desfrutarán dunha sólida representación.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 04/10/2015

Comparte esta noticia
Por outra banda, esfarélase como escenario unha alternativa estatal baseada unicamente en Podemos e adherentes. E as experiencias dos gobernos do PNV en Euskadi e dos nacionalistas do SNP na Escocia amosan con claridade que o autogoberno constrúe benestar e posibilita axendas sociais e económicas alternativas ás neoconservadoras que imperan en Berlín ou Madrid. Se Galicia como suxeito político diferente non estivera presente na vindeira lexislatura non disporemos de armas reais contra da enxurrada recentralizadora e privatizadora que o PP e C´s abeiran.
 
Non existen incompatibilidades reais entre as bases cidadás e sociais das distintas opcións políticas que poderían concorrer nunha hipotética e cada vez máis problemática candidatura galega unitaria. Mais xusto é dicir que, dende a banda do nacionalismo, o BNG semella ir sendo quén a superar os receos que amosaba de primeiras a respecto da integración de sectores alleos ao galeguismo. Pero  Podemos non deu aínda paso ningún que demostre a súa compatibilidade real, facendo parte da mesma candidatura, co galeguismo. 
 
As distintas Mareas e candidaturas locais de unidade, os alcaldes e alcaldesas das distintas opcións galeguistas e a ilusión cidadá xerada pola mera constatación da posibilidade dunha unión electoral en positivo demostran que existen vimbios abondo para construir. Falta, apenas,  a visión estratéxica en determinados actores para dar o paso irrevérsibel.
 
Dúas candidaturas serían un grave erro histórico. Un erro que deixaría fóra Galicia da reforma política que se vai abrir, si ou si, dende primeiros do 2016. Que condicionaría en negativo as nosas posibilidades futuras de máis benestar e de progreso económico. E o peor de todo é que non se albisca ningún efecto positivo dun erro desta caste. Mesmo nin para o proxecto estatal de Podemos.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.