Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 17:36
A edil socialista Mercedes Rosón instou este martes a BNG e Compostela Aberta a "asumir a responsabilidade do que está a suceder" coa parcela de Peleteiro por bloquear en febreiro de 2023 o proxecto presentado polo goberno socialista para modificar o Plan Xeral
O proxecto que entón presentou o equipo de Sánchez Bugallo "proxectaba unha gran praza pública a un único nivel, como reclamaban os axentes sociais, orientada cara a San Pedro de Mezonzo e cunha conexión coa República Arxentina de 20 metros de apertura", unha reordenación que, ademais, dixo Rosón, "reducía considerablemente a superficie edificable total sobre rasante, que pasaba de 23.500 metros cadrados a 19.900, incrementándose significatívamente a capacidade de uso residencial", cun 20% de vivenda protexida.
"A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo pretenden trasladar agora a súa responsabilidade ao goberno central demandando vivenda protexida, algo que xa estaba contemplado na proposta que os socialistas levamos ao pleno o ano pasado", dixo Rosón, unha iniciativa que "o pleno tombou": "Déronse a man para dicirlle non á cidade", criticou Rosón, que afeou que "nuns meses, a señora alcaldesa estará a inaugurar as obras dun centro comercial e 40 apartamentos turísticos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.