Conduce dúas veces no mesmo día en sentido contrario pola AC-12 e pola AP-9, preto da Coruña

Na AC-12 sufriu un pequeno accidente contra un camión que circulaba en sentido correcto e que tratou de esquivalo. O propio camioneiro deu a voz de alarma despois do contratempo, pero non puido ofrecer detalles sobre o coche, que non detivera a súa marcha.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/04/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A Garda Civil interceptou dúas veces no mesmo día a un condutor en sentido contrario en dous puntos da provincia da Coruña. Segundo informou este xoves a Garda Civil da Coruña, a primeira vez que foi localizado en sentido contrario foi ás 08.00 horas na autovía AC-12 en Oleiros, onde chegou a sufrir un pequeno accidente contra un camión que circulaba en sentido correcto e que tratou de esquivalo.

O propio camioneiro deu a voz de alarma despois do contratempo, pero non puido ofrecer detalles sobre o coche, que non detivera a súa marcha. Sobre as 19.00 horas, varios usarios da AP-9 alertaron aos servizos de emerxencia da presenza dun turismo que circulaba en sentido contrario á altura de localidade de Guísamo, no municipio coruñés de Bergondo. Os axentes da Garda Civil lograron identificar ao responsable desta conduta temeraria e relacionalo co ocorrido horas antes en Oleiros, polo que abriu unha investigación contra este home por dous delitos contra a seguridade viaria.

AP-9
AP-9 | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta