Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2024 | Actualizada ás 15:22
Unha muller foi localizada con vida desaparecida desde este venres en Santiago. Apareceu nunha leira en Granxa de San Lázaro.
Desde o 112 explican que se trata dunha septuaxenaria, que viron por última vez na súa residencia, na Rúa Santa Teresa de Jornet, en Bando, Santiago, pouco antes das 19.00 horas deste venres. Tras buscala, o persoal da residencia contactou co 112 Galicia para informar da súa desaparición.
Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento das forzas da orde, neste caso, da Policía Nacional, que comezaron a buscar sen éxito. Pasadas as 13.00 horas, unha persoa atopouna tirada nunha leira, na Granxa de San Lázaro e chamou ao 112 Galicia. Ademais de profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, alertouse aos axentes da Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.