O Corpus Christi de Ponteareas, Ben de Interese Cultural

A Xunta asina un convenio de colaboración con Vigo para revitalizar Bouzas por valor de dous millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu luz verde ao decreto que declara a festa do Corpus Christi de Ponteareas como Ben de Interese Cultural (BIC) de patrimonio inmaterial. Así o confirmou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á celebración da reunión semanal do Goberno autonómico, celebrada este luns.

O recoñecemento chega tras os informes favorables do Museo do Pobo Galego, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega, "culminando así un proceso no que non se rexistraron alegacións"O decreto valora non só a festividade en si, senón tamén os rituais, cerimonias e técnicas artesanais tradicionais asociadas a ela.

Así, a documentación conclúe que o Corpus Christi "constitúe un ritual festivo recoñecido polo seu uso social e cerimonial cunha alta pegada de coñecementos populares sobre a natureza, os elementos naturais e os ciclos do campo". Valórase, así mesmo, a confección dun conxunto artístico dotado de variadas representacións e símbolos, "cunha significación cultural vai máis aló do ámbito relixioso para vincularse coa cultura popular". Influíu tamén, segundo apuntan, o "elevado" coñecemento e desenvolvemento de técnicas artesanais tradicionais.

A declaración favorable recolle de igual maneira o impacto da festa a nivel económico e todo o conxunto de actos que se desenvolven ao redor dela. Subliñan a súa capacidade integradora e potencial como activo económico de base cultural", así como "a gran acollida aos visitantes".

CONVENIO PARA REVITALIZAR BOUZAS, EN VIGO

Por outra banda, tamén se autorizou a rúbrica dun novo convenio de colaboración co Concello de Vigo para a posta en marcha do Plan de Sostenibilidade Turística do Centro histórico da vila de Bouzas por valor de dous millóns de euros, que se desenvolverá ata o ano 2026.

Tal e como desenvolveu Rueda, enmárcase no Plan territorial de centros históricos e vilas termais, deseñado polo Goberno autonómico con fondos europeos Next Generation e que se suma ao autorizado a semana pasada para a cidade de Vigo por outros dous millóns de euros, neste caso, incluído noutro dos plans territoriais da Xunta, o Enogastronómico.

Respecto ao de Bouzas, inclúese a posta en marcha dun plan de xestión de residuos, un plan de renaturalización do litoral do centro histórico ou a mellora do sistema de iluminación con sistemas de baixo consumo e autosuficientes. Tamén se prevé o proxecto de humanización da rúa do Pazo-casco antigo de Bouzas, unha estratexia de promoción dixital do casco antigo e festas culturais.

Alfombras florais en Ponteareas (Pontevedra) con motivo do Corpus Christi. JORGE LANDÍN
Alfombras florais en Ponteareas (Pontevedra) con motivo do Corpus Christi. JORGE LANDÍN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta