Comeza o primeiro pleno da XII Lexislatura con cambios nas bancadas do PPdeG tras as mudanzas na Xunta

Toma posesión coma deputado o que foi alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes. Os nomeamentos no segundo nivel da Xunta provocarán novos cambios na bancada popular que se materializarán en próximos plenos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

O primeiro pleno ordinario do Parlamento de Galicia arrincou este martes coa toma de posesión do que foi alcalde do Carballiño co Partido Popular, Argimiro Martones, como deputado. O carballiñés recolleu a acta que deixou vacante a exconselleira de Promoción do Emprego e Igualdade Elena Rivo tras a súa renuncia.

O que arrinca este martes é o primeiro pleno ordinario que acolle o Pazo do Hórreo na XII Lexislatura e despois de varias sesións protocolarias, como a de constitución da propia Cámara e o pleno solemne que marca o inicio.

Antes de comezar a orde do día púidose ver aos deputados dos distintos grupos charlando e felicitando a aqueles que asumen novas responsabilidades. Un dos que máis contactos recibiu foi o popular José Manuel Balseiro, quen, como primeiro suplente da nova conselleira de Medio Rural no Senado, esta chamado a deixar O Horreo e recoller a súa acta na Camara alta. A el achegáronse tanto o portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como o deputado nacionalista Iago Tabarés, entre outros.

Ademais da posible marcha de Balseiro, prevese que haxa outros movementos na bancada popular tendo en conta que a designación de novos cargos do segundo nivel da Xunta forzará novos cambios no Grupo Parlamentario Popular tras renunciar á súa acta a exconselleira de Emprego Elena Rivo. De feito, a circunscrición máis afectada será a de Ourense.

Así, ademais de Rivo, outros catro ds oito deputados elixidos polo PP de Ourense o pasado 18 de febreiro deixarán a súa acta para integrarse no segundo escalafón do Executivo autonómico. Quen abandonarán O Hórreo son Gabriel Alén, antes delegado territorial da Xunta na súa provincia e novo director xeral de Comercio; Vitoria Núñez, presidenta da xestora do PP local de Ourense, responsable da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística; Marisol Díaz Mouteira, directora xeral de Patrimonio Natural; e Antonio Rodríguez Miranda, que seguirá á fronte de Emigración.

Primeiro pleno ordinario da Cámara galega na XII Lexislatura
Primeiro pleno ordinario da Cámara galega na XII Lexislatura | Fonte: Europa Press

Os seguintes na lista son Argimiro Marnotes, José Luís Ferro, Xosé Manuel Merelles, Víctor Manuel Baladrón e Cristina Campero, pero Merelles non chegará a entrar na Cámara autonómica porque volverá a Turismo, de maneira que lle tocaría coller acta a Ana Méndez, quen ocupou o posto 14 da candidatura, xusto antes dos suplentes.

Así mesmo, haberá axustes nos grupos de Lugo e Pontevedra. En Lugo, Javier Arias deixará o escano e José Manuel Balseiro é o suplente no Senado da agora conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Mínimo a saída de Arias moverá a lista e, de materializarse o outro recambio natural, entrarían Encarna Amigo e Nicole Grueira (postos 9 e 10 da candidatura do PP de Lugo o 18F).

Á súa vez, por Pontevedra deixará o Parlamento Silvestre José Balseiros para volver á Dirección Xeral de Gandaría. Se non hai alteracións na lista, conseguiría asento no hemiciclo galego José Luís Novo Teijeiro, quen ocupou o posto número 11 por esta circunscrición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta