Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 16:19
A Policía Nacional detivo a unha muller acusada de roubar obxectos por valor de máis de 1.200 euros que levou dunha perfumaría de Pontevedra empregando unha bolsa forrada con papel de aluminio para burlar o sistema de alarma do establecemento. Axentes da Comisaría de Pontevedra atopábanse nunha zona comercial da cidade cando observaron a dúas mulleres, unha das cales, manipulaba "de forma estraña" unha bolsa, segundo informou a Policía Nacional este mércores.
Así, esta muller foi identificada cunha bolsa habilitada para evitar que a alarma dos obxectos introducidos nela saltase ao seu paso polos arcos de seguridade das tendas. No seu caso, roubara perfumes que sumaban un prezo de 1.200 euros, polo que foi detida acusada dun delito de furto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.