Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2024 | Actualizada ás 11:40
Santiago de Compostela e a súa área metropolitana contarán a partir deste 25 de abril coa súa particular Revolución dos Cravos no mundo mediatico. Trátase de Xornal da Compostela (www.xornaldecompostela.gal), o diario dixital en galego da capital de Galicia e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención á cultura, á mocidade e universidade, aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.
Xornal de Compostela nace, ademais, asociado a Galicia Confidencial, o principal medio dixital en galego do país, e cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com) na que tamén están outros medios dixitais locais como www.quepasanacosta.gal, xornaldacoruña.gal, xornaldevigo.gal, amariñaxornal.gal, lugoxornal.gal ou xornaldelemos.gal.
Este novo medio conta con David Sobrino na área de Redacción e Miriam Ferraces Fernández, nas redes sociais. Entre as firmas convidadas están ou estarán Daniel Chapela, Flora Miranda Pena, Xiana Vilas, Lois Froiz, Serxio María Rodríguez, Xulia Campo ou Alfonso Espiño, entre outras. O Xornal de Compostela está supervisado por Xurxo Salgado.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Presentada a X Edición da Bolsa Nacho Mirás destinada a financiar proxectos de novos xornalistas
- A nova televisión TDT: Emisións en UHD, mantén canles actuais e prevé licitar un novo
- Xornalistas Galegas abrirá un debate sobre o teito de cristal e o 'chan pegañento' na profesión
- Rueda poderá nomear un novo director da CRTVG no verán
- Sumar Galicia quere que a desinformación sexa delito no código penal
- Coñece a fascinante historia dos medios en galego desde 1876