Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 19:07
Os alumnos do IES Arzúa tiveron que ser evacuado este mércores por risco de incendio ao averiarse un computador no interior dunha aula.
Segundo informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, o parque comarcal de Arzúa foi avisado ás 13,50 horas. Á chegada dos bombeiros ao lugar, os alumnos xa estaban fóra de clase.
Así, identificouse o problema nunha CPU que estaba a botar fume. Os profesores informaron de que saíron faíscas tanto dese computador como de diferentes equipos informáticos doutras aulas, polo que os bombeiros procederon a ventilar a estancia e cortar a luz. No operativo tamén participou a Policía Local de Arzúa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.