Por E.P. | A CORUÑA | 25/04/2024 | Actualizada ás 17:43
O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, reclamou á Xunta incrementar a achega aos concellos, na rolda de prensa que ofreceu para expor o investimento do Plan Único provincial neste exercicio, uns cen millóns de euros tras a inclusión no mesmo doutros 50 millóns.
Nunha comparecencia, xunto ao vicepresidente provincial, Xosé Regueira (BNG), e a deputada de Plans Provinciais, Cristina García, destacou o "cambio revolucionario" que supuxo o 'POS+', multiplicando por tres o financiamento dos municipios. Isto contrapúxoo ao Fondo de Cooperación Local da Xunta, do que asegurou que son 113 millóns para todos os concellos galegos.
Na mesma liña, Regueira puxo en valor o papel dos concellos, "que asumen máis competencias" e destacou o investimento provincial que lles permite, sinalou tamén a deputada provincial, soster servizos públicos, especialmente os pequenos.
Todo iso nunha rolda de prensa para informar as novidades do POS+2024, que suma aos 50,5 millóns de euros que tiña consignados outros 50 millóns que se aprobarán no pleno deste venres no marco dun expediente de modificación de créditos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.