Piden nove meses de cárcere para un home que insultou a outro por ser homosexual nun supermercado de Lobios

Acúsano dun delito contra a dignidade persoal e solicitan tamén unha indemnización e 10 meses de multa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2024 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense acolle o vindeiro xoves o xuízo contra un home que se enfronta a nove meses de prisión por insultar a unha persoa homosexual nun supermercado da localidade ourensá de Lobios.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos remóntanse ao 8 de febreiro de 2022 cando o acusado se atopaba no supermercado e "con clara animadversión e desprezo" cara á orientación sexual da vítima gritoulle: 'acaba xa maricona... que peste a merda podedes largarvos de aquí'. Despois de que a vítima abandonase o supermercado, o procesado, na vía pública, volveuse a dirixir a el e díxolle 'como apestades os maricas, que noxo'.

Estas expresións causaron "unha grave humillación" que menoscabou a súa dignidade e por iso está acusado dun delito contra a dignidade persoal. O Ministerio Público, ademais da pena de prisión, solicita 10 meses de multa, a razón de 10 euros diarios, así como unha indemnización para a vítima con 1.000 euros polos danos morais ocasionados.

Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta