Carta do SLG ao ministro Planas pedindo medidas específicas para a produción agroecolóxica

No documento apúntase que a Unión Europea perde 700 labregos ao día e o 57,6% ten máis de 55 anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2024 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, enviou unha carta ao ministro de Agricultura, Luís Planas, para reclamar medidas específicas coas que promover a produción agroecolóxica.

Esta organización integrada na Coordinadora Europea da Vía Campesiña Internacional expuxo as achegas do Sindicato Labrego ao Consello de Ministros de Agricultura celebrado na xornada do luns en Luxemburgo.

Así, apúntase a que a Unión Europea perde 700 labregos ao día e o 57,6% ten máis de 55 anos. "Necesitamos máis poder regulador na PAC e menos na OMC", asegura.

E é que defende que a UE debería promover a reforma do comercio agrícola que se basearía no concepto de soberanía alimentaria, tal e como se define no artigo 15 da Declaración de Nacións Unidas sobre dereitos campesiños, e garantir o dereito das persoas a un comercio que respecte que o prezo das importacións e exportacións non sexan inferiores aos custos de produción.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta