O pasado martes pedíase desde o Sindicato Labrego Galego a reunión da Mesa Sectorial do Leite. Unións Agrarias reclama o cambio no modelo de negociación coa industria. Ministerio de Agricultura e Consellería do Medio Rural teñen novos plans sobre a mesa. Mentres, os prezos do leite galego están entre os máis baixos de Europa.