Abre este xoves o prazo de solicitudes de autorización para queimas agrícolas

Pódense realizar tanto desde a páxina web habilitada como a través do teléfono 012.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2024 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Xunta abre desde este xoves as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares en Galicia, tanto desde a páxina web habilitada como a través do teléfono 012. Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural explica que as persoas que soliciten un novo permiso este xoves, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir do sábado, 4 de maio.

Como de forma habitual, no portal de Internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amontoados, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima de palla e ou material natural agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras. A maiores, tamén se retoman desde este xoves as solicitades de autorización de queimas de restos forestais amontoados. Neste caso, débese contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

A Xunta lembra que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Queima de restos agrícolas
Queima de restos agrícolas | Fonte: GC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta