O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion nas empresas de automoción de Vigo Stellantis, Benteler e Lear

Segundo informou a CIG, a dirección de Ilunion impúñalle ao seu persoal as vacacións de Stellantis, "vulnerando" os convenios colectivos da CEE que establecen que se deberán repartir como máximo en dous períodos distintos de 16 días de duración, un deles a gozar durante o verán, pero a empresa "obrigaba a coller unha semana en decembro".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/05/2024 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia