Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 14:24
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Antonio Barba, rexeitou este martes entrar a valorar a reincorporación ás filas do PP do concelleiro da Illa que fora condenado por un delito de violencia de xénero (apartado hai un ano), alegando que se trata dunha "decisión política". "Non podo nin debo entrar en polémicas que son decisións orgánicas de partidos políticos", dixo o director xeral en resposta a preguntas dos medios sobre esta cuestión que, lembrou, "non é unha decisión da Xunta", polo que, en todo caso, "terían que contestar os responsables" de tomala.
Ao ser repreguntado sobre se non analizará cuestións deste tipo que afecten a calquera partido político, Antonio Barba engadiu que "en principio, non", dado que se trata de "unha persoa técnica" que se incorporou ao persoal da Xunta para "implementar medidas técnicas a fin de paliar a violencia de xénero". "Non podo entrar en decisións meramente políticas porque creo que non son o meu labor", finalizou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.