O Goberno pecha Aulas ALCE no estranxeiro: "É un espazo para conectarse coa lingua e a cultura de orixe"

Moitos mozos fillos de emigrantes galegos víronse afectados polo peche repentino de varias aulas de Lengua e Cultura Españolas, especialmente en Reino Unido, Alemaña e Suíza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/05/2024 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O Programa ALCE (Aulas de Lengua y Cultura Española), xestionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional de España, é unha ferramenta do Goberno español para manter viva a conexión dos estudantes coa súa lingua e cultura de orixe, mentres residen no extranxeiro. Con todo, o cerre repentino de varias aulas, principalmente en Reino Unido, Alemaña e Suíza, onde reside unha gran colectividade galega (especialmente da Costa da Morte e Ourense), xerou unha crecente preocupación entre a comunidade emigrante. A situación é especialmente preocupante debido á importancia de preservar e promover a lingua e cultura galegas na diáspora. Para moitos mozos, as aulas ALCE eran o único espazo onde podían conectarse coas súas raíces, compartir experiencias con outros compatriotas e manter viva unha parte fundamental da súa herdanza cultural.

Un grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos na Suiza, prepáranse para un baile galego, a muñeira de Cabaleiros
Un grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos na Suiza, prepáranse para un baile galego, a muñeira de Cabaleiros

"Para os nosos fillos, as aulas ALCE non só representan un lugar para aprender o idioma e a cultura española, senón tamén un espazo para conectarse coa súa terra natal e manter vivas as súas raíces nun contorno estranxeiro; un sentido de comunidade e apoio para estos mozos lonxe da casa", denuncia o colectivo de emigrantes en Alemaña. Así, critican a falta de oportunidades para practicar a súa lingua materna e manter os seus lazos culturais pode ter un impacto profundo na súa identidade e sentido de pertenza.

En resposta a esta crise, as familias españolas en Londres, co apoio de AFERU, os CREs e os conselleiros xerais, están xuntando forzas para facer frente ós desafíos que enfrontan, entre eles, abrir o camiño para solicitar reunións coas autoridades educativas e movilizar á comunidade para defender os dereitos educativos dos seus fillos. 

"O peche destas aulas non só afecta á súa educación, senón tamén ó seu benestar emocional e social. É un desarraigo das súas raíces, da súa identidade. A educación é un dereito fundamental para todos os rapaces, independentemente da súa orixe ou situación migratoria, e cerrar as portas das oportunidades educativas só perpetúa a desigualdade e a exclusión." indican as familias de Suíza.

Ante a preocupante situación, din que é fundamental que, tanto a Consellería de Educación como as institucións educativas asociadas co programa ALCE traballen en conxunto para atopar solucións efectivas que permitan garantir a continuidade e o éxito desta iniciativa. O peche de aulas representa un desafío significativo para o programa ALCE, pero cun enfoque colaborativo e creativo coas familias, é posible superar estos obstáculos e continuar brindando ós estudantes as ferramentas e as experiencias necesarias para converterse en cidadáns globais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta