Condenan a 10 anos de cadea ao expolicía galego Miguel Ángel Devesa en Costa do Marfil por tráfico de cocaína

Devesa foi multado con 60.000 millóns de francos da comunidade financeira africana (91,5 millóns de euros) en concepto de danos e prexuízos, segundo informan medio locais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O expolicía galego Miguel Ángel Devesa foi condenado a 10 anos de cárcere en Costa do Marfil por tráfico de dúas toneladas de cocaína.

Así, foron condenados un total de 13 persoas tras un xuízo en Abiyán a máis de 20 persoas físicas e xurídicas. Devesa foi multado con 60.000 millóns de francos da comunidade financeira africana (91,5 millóns de euros) en concepto de danos e prexuízos, segundo informan medio locais.

O xuízo, que durou un tres meses, deu lugar á confiscación da droga con vistas á súa destrución e ao comiso de bens. A causa abriuse tras un alixo de cocaína en abril de 2022 en Abiyán e San-Pedro (Costa do Marfil).

O fiscal da División Penal, Económica e Financeira, Kamagaté Amoatta Nina Claude, informou en rolda de prensa da resolución.

Tribunal
Tribunal | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta