Renovado o programa de atención integral ao médico enfermo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos e presidente do Consello Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (Paime).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2024 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos e presidente do Consello Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (Paime).

Segundo informou a Xunta, esta iniciativa permite ofrecer ao persoal médico prestacións para atender problemas de saúde derivados de psicopatoloxías ou de adiccións e drogodependencias, así como fomentar accións preventivas. O Executivo galego e os colexios consideraron, atendendo ás características propias do exercicio da profesión médica, que os facultativos enfermos requiren unha atención médica específica e especializada, xa que iso permitirá a detención precoz dos casos e a instauración dos tratamentos necesarios, co obxectivo de garantir o adecuado exercicio profesional.

O programa, que atende ao redor de 70 facultativos ao ano, ponse en mans dos colexios para difundir a súa existencia entre o persoal colexiado. Ademais, ten unha vertente de instrumento de control de boas prácticas e de garantía á poboación de protección ao enfermo, asegurando o retorno do profesional ao exercicio da medicina en condicións óptimas para exercer.

Médico consulta un historial clínico
Médico consulta un historial clínico | Fonte: Consalud.es - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta