Silvia Penas gaña o premio aRi[t]mar á mellor poesía do ano en Galicia

Os máis de 4.000 votos do público galardoaron á viguesa polo seu poema "Canto segundo para un fillo non nado".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2024 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar, a través de máis de 4.000 votos, decidiu que o poema Canto segundo para un fillo non nado", da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 en Galicia. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem...”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.

Poeta Silvia Penas
Poeta Silvia Penas

Os poemas amosan a natureza creativa de dúas autoras vinculadas a mundos distintos

coma o escénico, no caso de Penas, e o pictórico, no caso de Mota Lopes. Ambas contan cunha maneira de transmitir diferente, pero teñen unha linguaxe en común: a da sororidade.

Nos dous casos, as poesías escarvan no fondo dos mundos internos das súas autoras

para  atopar unha mirada que, amais de autoinspección, amosa empatía e espazos en que habita a preocupación polas posibles situacións ás que se enfrontan outras mulleres, sexa cal for a forma que adquiren a imposición e a represión.

Así, estas dúas voces completan o podio da presente edición dos premios aRi[t]mar,

xunto ás músicas: “Morena”, dos galegos De Ninghures; e “Na Escola”, dos portugueses

Os Quatro E Meia; e a entidade recoñecida co Premio Especial do Xurado á Embaixada

da Amizade Galego-Lusófona, a Sociedade Desportiva e Cultural do Condado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta