Conflicto laboral no Club Financiero da Coruña

Segundo explica a CIG-Servizos, o Club Financiero Atlántico está composto por tres sociedades. Unha delas, REMOCSA, que formaba parte dese Grupo empresarial e que mesmo tiña a mesma directiva que o Club, foi descapitalizada e entrou en concurso voluntario de acredores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/10/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Unha vez nesta situación, a empresa propuxo aos seus 20 traballadores/as que asinaran un novo contrato no que renunciaban aos dereitos laborais adquiridos e á subrogación. Dos 20, 17 aceptaron as novas condicións e os 3 que non asinaron foron despedidos.

Desde ese momento, veñen convocándose mobilizacións periódicas en demanda da súa readmisión e xa se celebrou un dos xuízos demandando a nulidade do despedimento e a readmisión de cada un dos traballadores.

Con este panorama a CIG-Servizos entende que "saír na prensa alardeando de grande empresa cando detrás se agochan este tipo de prácticas empresariais co persoal é un acto de humillación para os traballadores/as”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta