Coñeces os diferentes tipos de abellas que hai ao noso redor?

A nivel mundial calcúlase que existen máis de 20.000 especies diferentes de abellas, agrupadas en sete grandes familias.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 20/05/2024 | Actualizada ás 22:01

Comparte esta noticia

Sabías que non todas as abellas son iguais? A nivel mundial calcúlase que existen máis de 20.000 especies diferentes de abellas. E, o máis importante, saberías diferenciar unhas das outras? Aquí che deixamos, con motivo do Día Mundial das Abellas, unha especie de guía práctica para que a próxima vez que te atopes con un destes insectos sepas se corres máis ou menos perigo.

Abella 'Adreniade'
Abella 'Adreniade' | Fonte: Commons

ABELLAS 'ADRENIDAE'

- A maioría das especies que engloba esta familia son abellas pequenas nas que se aprecian claramente as bandas amarelas e negras características destes insectos. Aínda que tamén habería que incluír algúns exemplares xigantes que se dan principalmente no hemisferio sur. 

- Pódense atopar en practicamente calquera lugar do mundo, pero sempre en climas cálidos e de choivas escasas.

- Estas abellas son expertas recolectoras de pole.

Abella 'Melittidae'
Abella 'Melittidae' | Fonte: Commons

- Tamén se caracterizan polo voo, máis veloz que o de outras abellas.

- Esta familia ten algunhas subfamilias crepusculares, é dicir, abellas que só saen dos seus niños e colmeas ao atardecer.

ABELLAS 'APIDAE'

- Neste grupo inclúense algúns dos tipos de abella máis coñecidos, como a 'Apis mellifera' ou abella europea, tamén coñecida como a abella doméstica, que é a máis utilizada na apicultura para a produción do mel, facilmente recoñecible pola cor dorada e as raias negras do abdome.

- Tamén se inclúen os abellóns, de cor escuro e co corpo cuberto de vello.

- Tamén as abellas cavadoras ('Amegilla quatrifasciata'), chamadas así por facer os seus niños no chan, baixo a terra.

- E tamén habería que incluír ás abellas africanas ('Apis mellifera scutellata'), de características moi semellantes á abella europea pero orixinaria do continente africano e cun comportamento máis agresivo, polo que tamén se lles chama abellas asasinas.

- Algunhas forman eurosociedades, outras teñen hábitos solitarios, algunhas só parasitan os niños doutras especies, nalgunhas colonias conviven máis de dúas femias que cumpren as mesmas funcións e nas cidades é común ver que constrúen panais sobre as paredes ou en postes eléctricos.

ABELLAS 'COLLETIDAE'

- As abellas deste grupo son solitarias.

- Ao contrario do que acontece con outras especies, non transportan o pole no seu abdome, senón na boca.

- Polo xeral, son abellas de tamaño mediano que semellan ter predilección só polo néctar de determinadas especies florais.

- Constrúen os panais no chan ou nas árbores.

- As especies desta familia habitan en todo o hemisferio sur, incluíndo Australia.

- Recobren o interior dos panais cunha secreción provinte da glándula de Dufour, ubicada no abdome. Esta secreción tórnase transparente e impermeable ao contacto co osíxeno.

ABELLAS 'HALICTIDAE'

- É a familia máis extensa polo número de especies que agrupa, con exemplares de características moi diversas. 

- Algunhas poden chegar a confurdise coas vespas, porque non presentan lanuxe no seu corpo.

- Algunhas son solitarias.

- Son pouco agresivas.

- Outras son parasociais, é dicir, as colonias inclúen abellas dunha soa xeración.

- Outras son eurosociais a un nivel primitivo, é dicir, a diferencia de tamaño entre raíña e obreira non é notoria, hai división de traballo.

- Lamen a súa transpiración durante o verán, razón pola cal son chamadas 'abellas da suor'. Ademais, tamén lles atrae a suor humana. 

- Aniñan no chan e nas árbores.

- O corpo presenta coloracións variadas: amarelo, negro, azul e verde; isto fai que ás veces se confundan con moscas de gran tamaño. 

ABELLAS 'MEGACHILIDAE'

- Adoitan ser solitarias.

- Teñen unha gran capacidade de polinización.

- Algunhas especies posúen o hábito de que dúas raíñas compartan o mesmo panal, aínda que cada unha encárgase de todo o preciso para acondicionar a súa celda.

- Algunhas especies parasitan as colonias.

- Constrúen as súas colonias con follas secas e resinas que sacan das plantas, de aí que tamén se lles chame 'abellas albaneis'.

- Algunhas constrúen os seus niños en oquedades que fan na madeira, polo que tamén se lles coñece como 'abellas carpinteiras'.

- Neste grupo está a 'Megachile sculpturalis', a abella xigante da resina, que impón polo seu gran tamaño, pero que non é especialmente perigosa.

ABELLAS 'MELITTIDAE'

- Son abellas diúrnas.

- Aniñan no chan, onde abren buratos na terra.

- Destaca a lonxitude das súas patas traseiras (coas que poden atrapar máis cantidade de pole) e teñen unha boca con aparato succionador para atrapar o néctar das flores con total eficacia.

- A maioría das especies de abellas 'Melittidae' atópanse en África, Europa e Asia, ademais de nalgunhas zonas de Norteamérica. Pola contra, non existen especies na zona sur de América ni en Australia.

- Son oligolécticas, é dicir, só recolectan o pole dun número determinado de especies vexetais.

ABELLAS 'STENOTRITIDAE'

- As abellas desta familia atópanse en Australia.

- Distínguense por presentar corpos robustos cubertos de lanuxe.

- Aniñan no chan.

- Diferéncianse por un voo veloz.

- Ao igual que as abellas da familia 'Colletidae', recobren as celdas dos panais cunha secreción impermeable.

Abella 'Megachilidae'
Abella 'Megachilidae' | Fonte: Commons
Abella 'Halictidae'
Abella 'Halictidae' | Fonte: Commons
Abella 'Collectidae'
Abella 'Collectidae' | Fonte: Commons
Abella 'Apidae'
Abella 'Apidae' | Fonte: Commons
Abella 'Stenotritidae'
Abella 'Stenotritidae' | Fonte: Commons
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta