Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/05/2024 | Actualizada ás 18:41
A XXI edición do Festival de Cans arrincará oficialmente este martes, coa apertura da 'rúa efémera', que este ano se dedica a Dores Ben, e coa proxección do documental 'Acordamos', de Uxía Senlle e Lucas Terceiro, entre outras actividades.
O festival, que ten lugar do 21 ao 25 de maio na parroquia de Cans no Porriño, xa celebrou algunhas actividades previas, como a exhibición de longametraxes da produtora frances Sociéte Acéphale, a apertura das exposicións 'Cans Cartaces' e 'Reservoir Cans', e a actuación de Cora Sayers.
Este martes, ademais da inaguración de cálea Dores Ben, e da proxección de 'Acordamos' (ás 19,30 horas no auditorio do Centro Cultural), haberá un coloquio sobre novos modelos de produción a cargo de Uxía Caride, xerente da Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais. Tamén se abrirá a exposición 'Cans Senior' no centro de día de Torneiros e celebrarase, no Centro Cultural, o concerto de Antía Muíños.
Nesta nova edición, o evento volverá contar con visitas destacadas do mundo do cinema e a cultura, como a do director David Trueba, que será protagonista dun coloquio o sábado; o músico Kepa Junquera, que recibirá unha homenaxe o miércole; ou a actriz galega María Vázquez, que recollerá o premio Pedigree de Honra o venres (e deixará as súas pegadas no 'torreiro' ese mesmo día).
Nas seccións competitivas, este ano poderán verse un total de 51 pezas, entre curtos de ficción e animación, non ficción, a categoría 'Novas Camadas' e videoclips. Así mesmo, haberá máis de 30 estreas e outras proxeccións.
Como cada ano, a música terá un papel destacado e, ademais dos concertos de Cora Sayers e Antía Muíño, os asistentes poderán gozas das actuacións de Kepa Junquera, Susana Seiva, The Rapants, Lontreira, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.