Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 16:16
A reserva hídrica dos encoros galegos sitúase no 89,36 %, un punto por encima que fai sete días, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica publicados este martes. En total, as presas das concas Miño-Sil e Galicia Costa conteñen 3.319 hectómetros cúbicos de auga embalsada, unha contía que é superior á que contiñan hai un ano e á media da última década.
Os encoros da demarcación Miño-Sil atópanse con 2.730 hectómetros cúbicos de auga, 49 máis que hai unha semana, o que supón o 90,1 % da súa capacidade total. Pola súa banda, en Galicia Costa están ao 86,1 %, apenas dúas décimas menos que fai sete días, con 589 hectómetros cúbicos de reservas hídricas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.