A necesidade política da confluencia

Tres novas enquisas publicadas nos últimos días pola Sexta, ABC e La Razón prognostican que o PP e máis C´s quitarían maioría absoluta. Á vista destes catro anos e das propostas dos de Albert Rivera semella que enfrontaríamos novos tempos de sofrimento para os servizos públicos e os intereses das maiorías sociais, en xeral, mais tamén para o autogoberno e, con él, para as posibilidades de reactivación económica de Galicia.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 25/10/2015

Comparte esta noticia
Velaí que sexa precisa esa ampla converxencia do galeguismo e do progresismo para enfrontar as dúas claves da vindeira lexislatura estatal: a territorial e a das persoas. Tendo en conta que as reformas institucionais que posibiliten a blindaxe e substancial incremento do autogoberno son clave para os intereses da nosa xente. Galicia non ten peso poboacional nin económico no Estado e as bases da súa economía non son importantes para ningún partido estatal. Precisamos, máis ca ninguén, un autogoberno eficiente e ben financiado para garantir o benestar da nosa poboación.
 
Esta chamada á unidade foi quén a ilusionar milleiros e demostrou que as eivas para a unidade non están na cidadanía do común, senón nas cúpulas políticas. E aí non fica ninguén exento de culpa. Porque se o preacordo de Podemos, Anova e EU supuxo unha emenda á totalidade a un proceso aberto e baseado no protagonismo cidadán, a ausencia do BNG á xuntanza de partidos e organizacións do 2 de outubro tampouco contribuiu ao progreso deste proceso de converxencia.
 
Remata o tempo. Dez candidaturas municipais de unidade veciñal, Compromiso por Galicia e ducias dos nosos máis senlleiros intelectuais e pensadores veñen de facer as derradeiras chamadas á unidade. Todos sabemos que o acordo é posíbel dende a intelixencia e a xenerosidade. Impedilo será un grave erro histórico e contribuirá directamente ao noso empobrecemento e á nosa irrelevancia .
 
Pola contra, facer posíbel esta confluencia e abrir canles para a participación cidadá na súa xestión e gobernanza dotaría a Galicia dun instrumento potente para a súa afirmación e defensa do seu autgoberno e dos seus intereses económicos e sociais, mais tamén para animar e estruturar a profundizaciòn da democracia e o progreso da economía, garantíndolle á nosa xente o benestar ao que ten dereito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.