O Deportivo sae do concurso de acredores

A xuíza indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/05/2024 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou firme a sentenza ditada en abril pola que se aprobou a modificación do convenio proposto polo Real Club Deportivo da Coruña SAD, cos efectos establecidos na Lei Concursal, entre eles o cesamento da administración concursal. Así o ratificaron desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) despois dun fallo no que a xuíza explicaba que, transcorridos dous anos, o concursado podía presentar unha proposta de modificación do convenio.

A xuíza indicaba que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación". Segundo conta nun decreto do pasado 8 de marzo, 41 acredores concursais, que representan un pasivo ordinario de 6.063.390 euros, é dicir, o 52,812 % do devandito pasivo ordinario, votaron a favor da proposta de modificación, que non contou con ningún voto en contra.

Estadio Abanca Riazor na Coruña
Estadio Abanca Riazor na Coruña | Fonte: RCDeportivo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Diego

O Deportivo é unha S.A.D. non unha S.L.