Por E.P. | Ferrol | 30/05/2024 | Actualizada ás 20:21
A rotura dunha tubaxe de fibrocemento de 250 milímetros de diámetro minutos antes das 8,00 horas deste xoves, na avenida de Esteiro, no barrio ferrolán deste mesmo nome, deixou a uns 300 abonados da Empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa), sen subministración de auga durante boa parte desta xornada.
O incidente produciuse á altura do número 105 e, de inmediato, desprazáronse á zona operarios da propia empresa municipal e dunha auxiliar.
As vivendas e baixos que se viron afectados son os situados no edificio máis próximo á rotura, coñecido popularmente como o verme, pola súa forma en planta, ademais do emprazado ente a glorieta do Diapasón e a rúa Poeta Uxío Novoneira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.