Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2024 | Actualizada ás 16:22
A Xunta abrirá este sábado, ata o 14 de xuño, o prazo para formalizar a matrícula nas máis de 170 escolas infantís de titularidade autonómica. De feito, as familias poden consultar as listaxes definitivas de admitidos na web da Consellería de Política Social e Igualdade. Os pais, nais e titores dos nenos deberán presentar, a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente no centro onde obtivesen praza, o impreso de matrícula cos datos debidamente cubertos xunto coa copia da cartilla de vacinación do menor. O inicio do curso nos centros autonómicos de 0 a 3 anos está fixado para o día 6 de setembro. Por terceiro ano consecutivo, as gardarías serán gratuítas para todo o alumnado durante oito horas ao día e 11 meses ao ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.