Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 11:26
A Garda Civil investiga ao condutor dun autobús escolar por un suposto delito de falsidade documental despois de ser interceptado cando circulaba por Negreira co cartón doutro profesional inserida no tacógrafo do vehículo.
A inspección levada a cabo no marco dunha campaña de control do transporte escolar detectou na estrada AC-444 ao seu paso polo municipio nicrariense a irregularidade no sistema de control da condución do autobús.
O condutor, un home de 56 anos, inserira un cartón que non correspondía á súa identidade, senón á dunha muller de 46 anos, co que o rexistro de actividade imputaríase a esta e non á persoa que manexaba o autobús. A Garda Civil lembra que este tipo de feitos constitúen un delito de falsidade documental, polo cal o condutor deberá responder en sede xudicial e podería carrexarlle penas de prisión de seis meses a dous anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.