Tamén á absoluta falla de ideas e solucións para o noso sector naval, lácteo ou mar-industria. Gandeiros, armadores e mariñeiros do cerco na rúa, ducias de milleiros da nosa mocidade mellor preparada na emigraciòn…e o Goberno galego só sabe ollar a Madrid sen iniciativa ningunha parar esolver os nosos problemas económicos, Problemas que teñen a ver co feito de que os nosos alicerces proutivos son anecdóticos a respecto do PIB español, polo que os nosos intereses nunca contan no concerto estatal. O que fai o noso desenvolvemento económico e o noso benestar moi dependente das nosas capacidades de autogoberno
Mais o que si sabe Feijóo é demitir das súas responsabilidades na nosa ordenaciòn aeroportuaria e facer campaña inserindo, con cargo aos fondos públicos, suposta publicidade institucional que, en realidade, constitúe o primeiro acto da precampaña das xerais do PP. Por certo, unha publicidade na que Feijóo anova o seu compromiso co “café para todos” que nos equipara á Rioxa, Murcia ou Extremadura. Na que se manifesta implicitamente conforme coa continúa recentralización dos últimos tempos e cun deficientísimo grao de autogoberno que nos impide desenvolve políticas sociais e económicas que fosen quèn de guindarnos da recesión e da continúa crise dos nosos principais sectores produtivos.
Velaí a ocasión das eleccións xerais do 20-D e das vindeiras autonómicas para unha fonda remuda na dirección deste País. Para recuperarmos unha gobernanza pensada na cidadanía e nos intereses de Galicia. Mais se o PP deixou hai moito de ser PPdeG, pregándose a unha visión centralista que subordina os nosos intereses económicos, as esquerdas nacionalista e rupturista demostraron estas semanas a súa incapacidade para artellar unha resposta política moderna, en clave tanto dos intereses do País como os das maiorías sociais.Unha resposta demandada por ducias de milleiros de cidadáns desencantados. Un fracaso que haberá pesar no noso futuro.