Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/06/2024 | Actualizada ás 20:50
Galicia pasará do verán a case o inverno esta fin de semana. Chega unha DANA chegará á Península que deixará un episodio de tormentas adversas. Esta masa de aire subtropical cargouse de humidade ao cruzar un océano máis cálido do habitual nesta época do ano. Será gasolina de primeira para que se desenvolvan tormentas de certa entidade en varias zonas do Estado, tamén en Galicia.
Segundo as predicións de Meteored, antes da súa chegada, estes días, está a deixar episodios de calor intensa, calima e "choivas de sangue". Espérase que alcance a Península entre o venres e o sábado para ser reabsorbida despois polo chorro polar. Á súa vez, as temperaturas descenderán de maneira xeneralizada .
Con esta situación, as condicións serán idóneas para que se formen tormentas moi intensas cun alto grao de organización. Por agora, a situación máis complicada prevese no interior peninsular e en zonas do norte. En zonas do sur e da montaña de Galicia prevense choivas moi fortes e un descenso acusado das temperaturas, especialmente, durante o sábado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.