Finaliza a campaña arqueolóxica do castro de O Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana

Concretamente restos dos muros de catro vivendas circulares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2024 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A Xunta concluíu este venres a última campaña arqueolóxica no castro de O Sarridal, en Cedeira, co achado de restos de lle época prerromana. Segundo explicou o director da campaña, Emilio Ramil, os traballos que se prolongaron durante un mes desenvolvéronse nesta ocasión na área posterior á sauna castrexa ou monumento con forno.

O obxectivo era recoñecer as diferentes estruturas exteriores relacionadas coa zona de alimentación de forno, muros cara ao perfil norte e a continuidade da canle de desaugadoiro procedente da piscina da cámara.

Na zona, explicou a Xunta, atoparon restos da época prerromana, concretamente restos dos muros de catro vivendas circulares. O castro de O Sarridal é un xacemento fortificado da idade do Ferro, de tipo costeiro, inaccesible desde o mar e defendido desde terra por dúas murallas precedidas polos seus respectivos fosos.

Castro de O Sarridal, en Cedeira.. XUNTA
Castro de O Sarridal, en Cedeira.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta